Rut Balbís e Pisando Ovos

PISANDO OVOS

Compañía de danza contemporánea residente no Teatro Ensalle de Vigo. Integrada nun primeiro momento por Rut Balbis e David Loira, os dous Licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e formados en danza contemporánea na London Contemporary Dance School, dende a súa formación no ano 2004 participan en diversos festivais internacionais como Escena Contemporánea, En pé de pedra, TAC Valladolid, festival SAT Barcelona, feira do Libro da Habana ou Move Coruña.

As  produccións de PISANDO OVOS están marcadas pola forte unión do uso dos elementos propios da danza contemporánea con outros característicos da linguaxe teatral e tamén polo forte traballo de improvisación.

. INTEGRANTES:

Rut Balbis, Afonso Castro

. ESPECTÁCULOS:

. Tres (2009)

. Menos 1 (2008)

. 30.000 (2007)

. No intre (2006)

. N8 OHX (2005)

. CONTACTO:

Rua Rafael Alberti 4 2ºB. C.P: 15172

Oleiros. A Coruña

info@pisandoovos.com

www.pisandoovos.com