Quen somos

DANESGA -Asociación profesional de Danza Escénica Galega- Nace como Asociación no 2006, có obxectivo de agrupar a todos aqueles profesionais que traballan no ambito da danza escénica en Galicia.

Bailaríns, coreógrafos, directores de escea, técnicos, xestores culturais, etc, poden atopar no espazo da Asociación, un marco dende o cal desenvolver a súa actividade artística e profesional, agrupándose para potenciar unha imaxe colectiva do traballo que, no eido da danza, se está a facer en Galicia.

DANESGA abre a porta á coloboración creativa entre os socios, creando un espazo de debate e traballo conxunto. Conscientes da importancia do traballo individual pero tamén da necesidade de unión e mutuo enriquecimento.

DANESGA tamén tenta posibilitar un salto cara adiante no referido á xestión empresarial, á formación e a distribución dos espectáculos dos seus socios e socias, traballando a carón das institucións e organizacións que poden axudar o recoñecimento debido e a difusión dos espectáculos e actividades propostas desde as compañías.

Danesga foi creada en 2006 e desde aquela traballa polos seguintes obxectivos:

- Normalización laboral no sector da danza profesional escénica

- Ser interlocutor firme coas institucións culturais e económicas

- Organizar actividades para a divulgación da danza

- Crear unha infraestructura de información no sector da danza

- Crear unha estrutura de servizos aos asociados

- Intercambios con outros colectivos de artes escénicas e outras asociacións de danza

- Normalizar a danza en Galicia

DIRECTIVA:

Presidencia: Nuria Sotelo

Secretaría: Marta Alonso

Tesourería: Rut de la Huerga


SOCIOS  E SOCIAS:

Amparo Novas Armando Martén Begoña Cuquejo Carlota Pérez Cristina Cameselle Enrique Peón Erick Jiménez Andrea Quintana Laura Llauder Marta Alonso Nada por danza Pisando Ovos Rut de la Huerga Traspediante David Creus Xiana Vilas  Funboa escénica Serxio Cobos Paulina Funes Nuria Sotelo Alba Fdez. Cotelo Helen Bertels Estevo Creus Mónica García Nonouedicións Cristina Balboa  Uxía Vaello Mercé de Rande Cristina Montero Beatriz Pérez Carmela Bueno Estela Lloves Manu Lago La Tía Mardalina Katerina Varela